The Mother´s house chegaba ao festival de Documentais de Tui, Play Doc, avalada por unha grande cantidade de premios, e a súa sutil mirada coa que observa unha historia complexa en palabras do xurado, fíxoa merecedora do premio á mellor longametraxe (3.000 euros máis trofeo). En curtametraxes A girl named Kai de Kaei King Xue e I want to be a pilot de Diego Quemada Díez compartiron os 1.000 euros do galardón. O premio Atlántico para producións galega e portuguesa foi para Ainda há pastores? de Jorge Pelícano, o premio especial TVG levouno Sisters in law, o que concede o consorcio (Foco Galicia ) foi para Bs.As de Alberte Pagán, e os irmáns Joaquín e Lautaro Mateo Morales gañaron o Play Avid Doc por Historias da liña azul.
Máis información no web do Play Doc e na nosa hemeroteca








