Unha obra dramática inédita de Luísa Villalta representarase como parte da homenaxe que a Asociación de Escritores en Lingua Galega vai facer á poeta. Polo escenario do Teatro Rosalía da Coruña pasarán o día 3 de outubro os actores que representarán a obra baixo a dirección de Lino Braxe, alén dunha vintena de literatos que subirán a recitar poemas da poeta falecida ou outros creados para a ocasión. O acto inclúe tamén a actuación dun quinteto de corda en consonancia coa paixón da falecida escritora pola música.
Máis información en Asociación de Escritores en Lingua Galega








