O libro Artefactes o Paseante anónimo encuentra un libro editado en castelán e catalán por Kalandraka en 2003 resultou premiado polo Ministerio de Cultura como libro mellor editado do ano na categoría infantil e xuvenil. A obra , escrita por José Antonio Portillo e ilustrada por Carmen Puchol, narra a experiencia dun paseante que atopa un libro nun cofre nunha praia xunto á carta dun neno e a súa edición evoca esa mesma situación narrada. É a segunda vez que a editora pontevedresa consegue un galardón á mellor edición xa que no 2000 recibiu o segundo premio da mesma categoría.
Máis información en La Voz de Galicia








