O obradoiro literario de Fene achegará un ano máis a experiencia dos escritores aos participantes

Achegarse á literatura

A Casa da Cultura de Fene volverá a acoller un ano máis obradoiro literario polo que en anteriores edicións pasaron moitos escritores da literatura actual. Será a partir do quince de outubro cando comece a desenvolverse os venres á tarde esta actividade que ten como obxectivo achegar aos participantes un coñecemento máis profundo do feito literario desde a creación e a lectura. Para tal fin, ademais de moitas outras actividades, autores e autoras acoden ao obradoiro para compartir a súa experiencia coa escrita e coa lectura. Entre os que xa pasaron están nomes como Antón Riveiro Coelo, Estevo Creus, Séchu Sende, Carlos Negro ou Marta Dacosta, e para este ano agárdase a presenza de Medos Romero, Vicente Araguas, Ramón Loureiro e Henrique Dacosta, todos eles autores de Ferrolterra. A coordinación do obradoiro corre ao cargo dos tamén escritores Eduardo Estévez e Rosa Aneiros. A matriculación ábrese do 16 de setembro até o 1 de outubro na Biblioteca Municipal ou no Pavillón A Xunqueira.

Máis información no Concello de Fene