Logo da celebración mundial da PoesÃa organizado polo Pen Clube que concentrou en Santiago a poetas imporantes de todo o mundo. A facultade de filoloxÃa de Santiago organiza un novo foro literario, o "Iberia Cantat". É o Congreso Internacional sobre PoesÃa Medieval, que foi inaugurado onte por todo un experto na lÃrica trobadoresca, o profesor Giuseppe Tavani.
Inauguración
Ata o vindeiro xoves, Santiago acollerá o Congreso Internacional sobre PoesÃa Medieval. Un evento que foi inaugurado onte polo rector da Universidade de Santiago (USC), DarÃo Villanueva, a decana da Facultade de FiloloxÃa, Mercedes Brea, Juan Casas da USC e Vicente Beltrán (da Universitat de Barcelona), que son os organizadores do congreso.
A Idade Media por Tavani
O profesor italiano, Giuseppe Tavani foi o encargado de inaugurar este ciclo. Doutor Honoris Causa pola USC, e autor de varios libros sobre a Idade Media, comezou a súa exposición cunha ponencia titulada "O provenzal dos trobadores galego-portugueses e o problema da heterodoxia expresiva". No transcurso do programa o profesor italiano afirma que o desexo de recuperación da Idade Media serve como punto de reflexión para a "reconstrucción europea". Xustifica a súa afirmación no feito de que o Medievo é un referente " da interrelación de culturas distintas orientadas cun sentido unitario". Ademais recorda que na Idade Media non existÃa unha división lingüÃstica nacional, sennón que tódolos idiomas europeos "eran entendidos como vehÃculo dun determinado xénero literario".
Pegadas na literatura italiana e galega
Tavani, profesor da Universidade La Sapienza de Roma, afirma que a Idade Media, e sobre todo os seus cancioneiros, deixaron pegadas tanto na literatura galega como na actual. E cita para iso os exemplos de Miro Villar ou Alfredo Conde. Ademais, isto deulle pé para analizar a situación da narrativa italiana que, segundo el, sufre un momento de crise.