Un acto literario en Teis no que se inaugurou un monolito cos seus versos e se plantou unha árbore serviu para que a Asociación de Escritores en Lingua Galega homenaxease a Salvador García-Bodaño o pasado sábado. Ademais, o Centro Cívico deste barrio recibiu no mesmo acto o nome do autor. Por outra banda, esta fin de semana presentouse Cantos da ausencia (Elexías 1959-2002), unha compilación coeditada pola AELG e A Nosa Terra co patrocinio dos concellos de Compostela e de Vigo.
Máis información en Galicia Hoxe e en El Correo Gallego








