Os 119 anos do pasamento de Rosalía é a escusa para toda unha serie de actos de homenaxe que lembrarán á poeta de do Rexurdimento ao longo deste mes. O vindeiro quince de xullo presentarase o primeiro premio Rosalía de Castro para experiencias pedagóxicas organizado pola Fundación rosalía. No mesmo acto presentarase unha tradución de Follas Novas e de Páxinas sobre Rosalía de Castro 1957-2004, unha antoloxía realizada polo profesor Alonso Montero. Do mesmo xeito, Celso Emilio Ferreiro, que morría hai vintecinco anos, está a ser protagonista de diferentes homenaxes. Deste xeito, a TVG emitirá o vindeiro mes de novembro tres monográficos sobre o poeta, mentres o Concello de Vigo prevé un recital en homenaxe e a Consellaría de Cultura fará este outono unhas xornadas sobre o poeta de Celanova. Finalmente, Xerais editará a obra completa deste autor.
Máis información sobre o aniversario de Rosalía en Galicia Hoxe; sobre o aniversario de Celso Emilio no suplemento El Sábado de Faro de Vigo








