A Asociación Galega de Editores (AGE) e a Federación de Libreiros de Galicia (FLG) constituíron onte unha mesa conxunta para analizar e valorar a situación actual do sector, que cualificaron de moi preocupante. Esta mesa xuntarase con periodicidade bimestral e entre os seus obxectivos está o seguimento conxunto dos traballos das Comisións da Mesa do Libro promovida pola Consellaría de Cultura. Outros dos obxectivos do acordo son a defensa do prezo fixo do libro, conseguir a modificación da modalidade de gratuidade do libro de texto e potenciar e impulsar a promoción.
Web da Asociación Galega de Editores; Tertulia de lg3 sobre o libro como sector estratéxico








