Lecturas de poemas e performances nunha aldea abandonada constitúen a proposta que fai o colectivo cultural Redes Escarlata para esta fin de semana. A aldea de Santalla Vella, no Val do Lóuzara, acollerá a palabra de Antón Dobao, Chus Pato, Brais González, Darío Xohán Cabana ou Anxo Angueira entre outros poetas. A proposta enmárcase no proxecto REacción, que xa levara a varios membros deste colectivo a unha Acción de Amor en Compostela o pasado catorce de febreiro.
Máis información en Galicia Hoxe; no web das Redes Escarlata e nos nosos arquivos








