Institucións e organismos públicos, escolas, bibliotecas públicas, e todos os que conforman o sector editorial acaban de crear a Mesa polo Libro. Un ente que ten como obxectivo principal solucionar os problemas da industria editorial. A mesa, que botou a andar onte en Compostela, está formada por tres comisións: O libro como industria (que tentará que a Xunta considere o sector como estratéxico), As bibliotecas (que elaborará a nova Lei de Bibliotecas de Galicia) e O libro (que se encargará de preparar o proxecto da Lei do Libro de Galicia).
Máis información en La Voz de Galicia e en El Correo Gallego e no Faro de Vigo








