A editorial Ézaro Ediciones presentouse en sociedade co libro Historias del Savoy, primeira novela do xornalista compostelán José Luis Alvite. Con esta obra comeza a andadura deste proxecto editorial que ten sedes en Galicia e Madrid e colle o seu nome dunha pequena enseada fisterrá. O libro de Alvite está prologado por Carlos Herrera e tamén ten un epílogo escrito por David Gislau. O cronista compostelán recrea nesta novela un mundo de personaxes e historias de novela negra a cabalo entre a ficción e a realidade, fiel ao seu coñecido estilo xornalístico.
Máis información en Europa Press








