A Real Academia Galega declara ao romanista italiano Giuseppe Tavani membro de honra

Un italiano na Academia

Giuseppe Tavani, un dos máis reputados especialistas mundiais na lírica galego-portuguesa medieval, ingresou o sábado na Real Academia Galega coma membro de honra. Os seus estudos sobre a nosa poesía da Idade Media fixérono merecedor desta distinción. O italiano defendeu no seu discurso de entrada a orixe galega da lírica medieval peninsular e o que a súa xénese foi paralela á da provenzal, e non subordinada a ela como se cría até o de agora.

Máis información en Galicia Hoxe sobre o discurso de Tavani; sobre o acto de ingreso