Carlos Casares, Xosé Manuel Cid, Delfín Caseiro, Luis García Mañá, Manuel Mandianes, Chus Pato e María Ruído son algúns dos vintecinco autores contemporáneos que conforman o Catálogo de autores da Limia a publicación que aglutina información sobre autores desa comarca ourensá. O Museo de Vilar de Santos ten a iniciativa desta publicación que está vencellada á próxima creación dunha biblioteca de temática comarcal dentro do museo que conterá todo tipo de soportes de documentación. O catálogo presentouse o sabado, 8 de maio, en Vilar de Santos e ao acto acudiron autores, políticos e veciños.
Máis información na edición do domingo do xornal La Región








