Una historia del arte universal é o título da obra de Otero Pedrayo que pretende presentar a editorial Galaxia o vindeiro mes de xuño. Este libro, escrito en español entre 1966 e 1967, foi ao parecer unha encarga que non chegou a ver a luz e que agora é rescatada con ocasión da festa anual da fundación que leva o nome o ourensán. Mentres, a editorial Akal anunciou que vai reeditar seis obras do antropólogo Carmelo Lisón Tolosana centradas en Galicia e na maior parte dos casos esgotadas desde hai anos. Perfiles simbólico-morales de la cultura gallega, Antropología cultural de Galicia ou La santa compaña: fantasías reales, realidades fantásticas son os primeiros títulos se publicarán.
Máis información na edición sobre a obra de Pedrayo en Galicia Hoxe; sobre a reedición de Lisón Tolosana en La Voz de Galicia








