Os problemas de financiamento son o principal desafío ao que se enfronta Xosé María García Palmeiro no seu novo cargo coma xerente da Fundación Torrente Ballester. Aínda que xa foi aceptado por unanimidade dos membros do padroado a mediados de marzo, non foi até onte cando se fixo público o nomeamento. Entre os primeiros proxectos da fundación está abrir a biblioteca, aínda en fase de catalogación.
Máis información no noso tema sobre a fundación








