Un vídeo, un disco compacto, exposicións, unidades didácticas e libros de contos son os materiais cos que a Xunta de Galicia quere difundir a figura de Xaquín Lorenzo Xocas entra a poboación. Entre os materiais, especialmente dirixidos para os máis pequenos e editados está o libro Catro contos para unha data que recolle obras de Fina Casalderrei, Marica Campo, Agustín Fernández Paz e Paco Martín. Nas librarías tamén se distribuirá de balde o libro De Rosalía a Xaquín Lorenzo. En canto ao material didáctico, publicáronse cadernos relacionando o traballo de Xocas coa área de Tecnoloxía da ESO, unha unidade didáctica sobre o encaixe e outra sobre o Museo de Historia Natural Luís Iglesias.
Máis información en La Voz de Galicia e en Diario de Ferrol e en El Correo Gallego








