O investigador e profesor de literatura Xosé Luís Axeitos foi escollido o pasado sábado polo plenario da Real Academia Galega para ocupar a vacante que deixara o falecemento de Domingo García Sabell o pasado mes de agosto. Aínda que tamén se barallaba a candidatura do escritor Darío Xohán Cabana para cubrir a praza, finalmente foi o profesor nacido en Rianxo o escollido.
Máis información en La Opinión e en Galicia Hoxe; as candidaturas nesta noticia








