O ilustrador Xan López Domínguez publica dous libros para nenos en Taiwán

Xan en Taiwán

”A nena que lle tiña medo aos cans” e “Rapunzel” son os dous títulos que o ilustrador lugués Xan López Domínguez publica coa editora Grimm de Taiwan. A primeira das obras acompaña con setenta ilustracións o texto dunha autora local, mentres que a segunda aínda está en preparación e recolle un texto clásico. López Domínguez contactou coa editora asiática na última feira do libro de Boloña.

Máis información en La Opinión; ficha e ilustracións de Xan López Domínguez no soportal de BD; Xosé Cermeño, outro autor que publicou en Asia; Kalandraka tamén tentou o mercado coreano