La bella durmiente é o título do poemario co que a ourensá Míriam Reyes chegou á final do premio Hiperión de poesía, que convoca anualmente a prestixiosa editora madrileña do mesmo nome. Pola súa banda, a Deputación da Coruña presentou onte unha nova edición dos seus certames de creación, o González Garcés de Poesía, o Rafael Dieste de Teatro, o Manuel Murguía de Ensaio, o Torrente Ballester de narrativa e o Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil. A institución pretende darlle un pulo a estes premios organizando unha serie de actividades culturais paralelas.
Máis información sobre a finalista do premio Hiperión en La Voz de Galicia; sobre os certames da Deputación da Coruña en Galicia Hoxe e no web da deputación








