Durante a súa estadía en Moscova invitado polo Instituto Cervantes para dar unha conferencia sobre a súa obra, o escritor alaricano Alfredo Conde presentou a edición rusa da súa nova novela Romasanta. Memoria incerta do Home Lobo. A obra, que vai ser levada ao cine pola produtora Filmax , edítase antes en ruso pola editorial Azbooka que en galego ou castelán, idiomas nos que verá a luz en abril, e supón a sexta das obras de Conde que se traduce ao ruso. O libro inspírase no asasino en serie Manuel Branco Romasanta que a mediados do século XIX matou a varias persoas e despois de ser apreixado foi indultado por aducir unha suposta enfermidade de licantropía.
Máis información en Galicia Hoxe








