O paraninfo do instituto Valle-Inclán de Pontevedra será o escenario no que o escritor, editor e xornalista Víctor Freixanes lerá esta tarde o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega. Co título Desafíos para un novo século. Entre a trabe de Ouro e a Paxariña de Armenteira, Freixanes analizará a cultura coma un espacio de comunicación e un proxecto colectivo no contexto da sociedade da información.
Máis información en Galicia Hoxe








