O coelliño branco e A ratiña presumida son os dous primeiros títulos da nova colección que lanza Kalandraka. A peculiaridade destes textos é que están adaptados para seren lidos por nenos con autismo a través de pictogramas específicos, o que converte este novo lanzamento nunha iniciativa única en España. A comezos de febreiro poderán adquirirse estes títulos, aos que seguirán outros coma Os tres porquiños.
Máis información no Diario de Pontevedra e no noso tema sobre libros para persoas con discapacidades








