O pobo natal de Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) acolleu a presentación do disco Fronteira de cegoñas de Anxo Rei no que puxo música á poesía de Gurriarán. No disco interprétanse once temas, entre eles A señora lúa, Galicia infinda , O ventiño namorouse e O casorio. No acto que serviu de homenaxe ao escritor e poeta volveu pedirse a celebración dun Día das Letras Galegas dedicado ao poeta da comarca valdeorrense, unha reivindicación que xa ven de lonxe. A interpretación do Cantar dos topónimos, case un himno local, pechou a presentación dun disco no que se canta ás terras de Valdeorras.
Máis información na edición de hoxe de La Región








