Cando os arqueólogos volveron a Adro Vello (San Vicente do Mar, O Grove), un dos xacementos emblemáticos de Galicia, atopáronse con algo abraiante. O xacemento fora escavado nos anos 80. Trala última campaña do ano 1992, o xacemento abandonouse durante dez anos. Tumbas, esqueletos, muros e un labirinto de estruturas e muros de diferentes épocas ficaron ao aire e abertas ao espolio. En 2002 a Xunta tomou a decisión de pechar o recinto e tapar boa parte dos restos. Asà permaneceron quince anos. En 2017 un novo proxecto da ConsellerÃa de Educación e Cultura da Xunta para recuperar e poñer en valor o xacemento levou a un equipo da Universidade de Vigo a volver a abrir a escavación. Velaà continuaban as tumbas que o equipo do profesor Carro Otero exhumara nos anos 80, e dentro delas os esqueletos, no bo estado de conservación que lle dera sona a Adro Vello. Pero faltaba algo en todas elas: os cranios. Durante os dez anos de abandono, os visitantes foron levando as cabezas que hoxe estarán dispersas por domicilios de todo o mundo, coa valiosa información antropolóxica perdida para a investigación. Era case unha metáfora dun xacemento que estaba a perder a súa identidade.
A apertura e o novo traballo en Adro Vello desde 2017 permitiu afinar, e mesmo descartar, grazas ás tecnoloxÃas, coñecementos e técnicas do presente, a enorme secuencia temporal do xacemento de Adro Vello, asà como a funcionalidade dalgúns dos edificios que fora proposta nos anos 80 e 90 polo médico e antropólogo Xosé Carro Otero. Adro Vello é unha sÃntese das transformacións culturais do litoral das RÃas Baixas ao longo de 2000 anos de historia. PedÃmoslle a Adolfo Fernández, director do proxecto cientÃfico de Adro Vello e investigador do Grupo de Estudos de ArqueoloxÃa, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo, que nos explicara as fases desa secuencia de acordo coas últimas investigacións e datos. No novo proxecto de Adro vello está a colaborar un inxente equipo multidisciplinar das tres universidades galegas e doutras foráneas.
Benvidas e benvidos a unha viaxe no tempo por Adro Vello a través dos seus niveis arqueolóxicos.
PÃas de salga romanas. Foto: Universidade de Vigo
1. A factorÃa de salga (s. I-II d.C.)
"Xa coñecida nas intervencións dos anos 80, está situada nunha zona topograficamente máis elevada que o resto". En época romana a liña de costa estaba dous ou tres metros por debaixo da actual, e a factorÃa buscou unha zona de terreo firme para asentarse. AÃnda que se descoñecen as dimensións e a forma concreta do edificio, que se estende baixo a estrada que cruza ao carón do xacemento, consérvanse catro pÃas de salga e parte do patio. "Esa fábrica constrúese no século I, certamente nunha época moi temperá, como podemos comprobalo polos materiais que atopamos", sinala Fernández, "pero non temos tan claro cando se abandona. Non dura moito, posiblemente chega ata o século II d.C.". As datas son singulares e coherentes ao mesmo tempo. Por unha banda, boa parte das factorÃas de salga investigadas en Galicia son de datas máis tardÃas, mesmo dos séculos IV e V d.C., a coincidir coa última fase do Imperio Romano. Pero por outra banda, o equipo de Adolfo Fernández ten localizado outras factorÃas da mesma época, dos inicios do século I d.C., próximas a Adro Vello, como a illa de Sálvora ou a illa de Ons. "O que si sabemos é que nestes momentos aparece aÃnda moita cerámica indÃxena, e hai que entender esta factorÃa de salga en relación ao Castriño que está ao carón". Adolfo Fernández refÃrese a un pequeno castro costeiro, localizado nun promontorio a escasos metros de Adro Vello. Na factorÃa de salga procesábase masivamente sardiña, con algunha pequena cantidade de chincho.
Muro de perpiaños almofadados da vila tardorromana. Foto: Universidade de Vigo
2. A vila tardorromana (ss. III-IV d.C.)
Pouco despois da construción da vila acométese en Adro Vello a primeira modificación humana do terreo. Constrúese unha terraza sobre a duna, nivelan o terreo e dispoñen as estancias dunha villa a mare, unha gran vivenda cabo do mar dos séculos III e IV, en paralelo con outras que se estaban a construÃr na Gallaecia do momento. "Temos constancia de que estaba decorada con frescos, estucos e pinturas murais", explica Adolfo, quen alude ao traballo case detectivesco de entender a traza desa vivenda. "Si, atopamos un muro in situ, pero o resto estaba moi arrasado", explica. Porén, desta fase consérvase unha gran estrutura monumental: un muro de perpiaños que protexÃa e elevaba a terraza sobre o mar. "Probablemente a finais desta fase comecen os enterramentos, aÃnda que non é fácil determinalo, pero dirÃa que temos algunha tumba do século V", explica Adolfo Fernández. Comprender este nivel labirÃntico pasa por comprender como posteriormente se reempregaron os muros. "De feito, algunhas das tumbas posteriores atopámolas perforando muros completos".
3. Igrexa altomedieval e un posible cenobio (ss. VIII-IX d.C.)
A vila tardo romana, como sucede noutros moitos lugares, mudou nun edificio relixioso en época altomedieval. "Aquà é onde comezan claramente os enterramentos", explica Adolfo, "pero cremos que non se trata dunha simple igrexa". O puzzle de Adro Vello vólvese nesta fase especialmente complexo. "Trátase dun edificio moi grande con varias compartimentacións, con pequenos patios, canles de desaugue... o problema que ten este edificio é que espolia a vila tardo romana e ten o mesmo nivel de uso!". Iso significa que os solos de circulación son os mesmos, e distinguir entre dúas fases separadas por catrocentos anos non é nada doado. "Temos un gran edificio baixo a igrexa da fase posterior. Ese poderÃa ser o primeiro edificio de culto altomedieval", sinala Fernández, quen aclara que aÃnda que a traza da cabeceira coincide coa que vai ter a igrexa posterior, en realidade o edificio altomedieval é máis grande que o que logo se vai facer e cunha planta distinta. As datacións confirman que o edificio dura cando menos ata o século XI. "A nosa hipótese polo de agora é que é un pequeno mosteiro", aventura. Un equipo de documentalistas están rastrexando información na procura de referencias históricas que poidan confirmar esta posibilidade. "Esta é a nosa fase máis chula", comenta Adolfo Fernández, "aÃnda que non é doada de explicar". Na interpretación tradicional de Adro Vello considerábase esta fase como pertencente a séculos anteriores. "Cremos que a moeda da Traslatio que atopou Carro Otero pode ter que ver con esta fase", apunta Adolfo Fernández. RefÃrese a un valioso e único exemplar dunha moeda acuñada en Santiago en tempos do rei Fernando II (1157-1188), a primeira en representar a lenda da viaxe do corpo do Apóstolo desde Palestina ata Galicia. "Adro Vello está ao carón do mar e do roteiro seguido na lenda polo barco que transportaba ao apóstolo. Se cadra este espazo tiña que ver con todos eses cultos", esboza como posibilidade Fernández.
4. O baleiro (s. XII-XIII)
O posible cenobio altomedieval ao carón do mar foi aparentemente abandonado a finais do século XI, e durante dous séculos non se aprecia actividade construtiva en Adro Vello.
A complexidade de Adro Vello. O campanario de Adro vello, sobre un muro tardorromano amortizado por un altomedieval. Foto: Universidade de Vigo
5.A igrexa parroquial de San Vicente (finais do s. XIII-XVIII)
A finais do século XIII, constrúen esta igrexiña sobre a antiga fase altomedieval. Boa parte das dúbidas e investigación do equipo concéntranse na cabeceira que se pode distinguir hoxe con claridade no xacemento. "Cremos que a ábsida é unha remodelación previa á construción da igrexa parroquial. Como habÃa dúas basas de época tardo romana e un pavimento de opus signinum, iso levou a Carro a considerar a igrexa como "visigoda", pero fixemos un corte nese ábside e observamos que hai pavimentos altomedievais por debaixo do último construÃdo, como un chanzo".
A igrexiña parroquial de San Vicente dotouse dun adro e un campanario exento á propia igrexa. "Carro interpretaba ese edificio como un torreón defensivo contra as invasións de piratas do mar, pero en realidade era parte dos edificios da igrexa baixomedieval", apunta Adolfo. "O que resulta moi rechamante é que cando esta igrexa foi abandonada no século XVIII e se construÃu a nova no alto da parroquia, tamén se construÃu un campanario exento, coma este. E desde ese campanario hai comunicación directa aquà coa antiga igrexa de Adro Vello. É moi interesante como mantiveron a tradición deses campanarios independentes", avanza. A igrexa poderÃa ser o modelo estándar do rural e do litoral galegos. E grazas á boa conservación de restos orgánicos que fixo a area da duna que tapou boa parte da igrexa cando se abandonou, pódese ver algo excepcional: a secuencia completa dos mortos dunha parroquia durante cincocentos anos. "Carro crÃa que habÃa 3200 enterramentos", explica Adolfo Fernández, "pero eu creo que o número é superior. Chegamos a contabilizar dezasete individuos nunha sondaxe de dous metros cadrados!". Isto puido ser posible porque toda a planta xeral do edificio e do adro medrou preto de 80 centÃmetros con respecto o solo anterior. Os mortos vanse sobrepoñendo, mesturánse, un tras doutro. "E hai moitos bebés, moitos neonatos, e puidemos datar algúns enterramentos xa no primeiro momento da igrexiña no século XIII, apunta Adolfo Fernández.
Adro vello é excepcional porque é unha cápsula que concentra multitude de informacións obre diferentes fases da cultura. AÃnda que non é único, si dispón dunha gran cantidade de información. Por exemplo, a conservación dunha secuencia tan ampla de esqueletos fai que "o seu estudo permita coñecer a evolución da poboación da costa galega a todos os niveis, desde o fÃsico, a dieta, as enfermidades ou os traballos durante mil anos".
Polo de contado, os investigadores están agora procesando boa parte da información proporcionada polo xacemento desde múltiples puntos de vista que van máis alá dunha campaña arqueolóxica convencional e que buscan coñecer como protexelo mellor das agresións humanas e sobre todo metereolóxicas. Pero ese será asunto dunha segunda entrega sobre este singular sitio do Salnés.