Era unha das favoritas e ao final quedou finalista. Susana Fortes (Pontevedra, 1959) é a finalista da 52 edición do premio Planeta pola súa novela El amante albanés. A contía do premio, ao que se presentou baixo o pseudónimo de Eva Cortizo co titulo de O caso Radjik, é de 150.250 euros. O gañador foi o chileno Antonio Skármeta (Antofagasta, 1940) que se presentou como María Tornés co título Os cans da liberdade.
Máis información en La Voz de Galicia








