A presentación do segundo volume do Diccionario de Termos Literarios Galegos abriu onte as celebracións do décimo aniversario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación de Humanidades. Este novo volume achega información pormenorizada sobre diferentes aspectos da nosa literatura, os comprendidos entre a letra E e o H. O Centro prevé continuar a conmemoración dos seus dez anos coa presentación de novos números da colección Cadernos de Fraseoloxía, a edición dun facsímile da revista Tepal e a coorganización do I Simposio de Terminoloxía Galega entre outros actos.
Máis información en
La Voz de Galicia e en
Galicia Hoxe








