Manuel Núñez Singala recibe o premio Clubs de Lectura 2023

Foi o escritor máis lido nas bibliotecas escolares o pasado curso

Foi o escritor máis lido nas bibliotecas escolares o pasado curso
Román Rodríguez entrega o galardón a Manuel Nüñez Singala Foto: Xunta de Galicia
O escritor Manuel Núñez Singala (Lugo, 1963) ven de recoller de mans do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, o premio Clubs de Lectura 2023. O escritor, que ten obra publicada nos xéneros de narrativa, ensaio e teatro, acadou este galardón por ser o autor galego máis lido nas bibliotecas escolares durante o pasado curso escolar. Trátase dun galardón que busca recoñecer o labor das autoras e dos autores de obra en galego que "facilitan" cos seus libros a función do profesorado como mediador de lectura e que “concitan o interese” das lectoras e dos lectores que participan nos clubs de lectura. Núñez Singala foi o autor seleccionado polo maior número de clubs de lectura dos centros de ensino do país. O premio entregouse na XV Xornada dos Clubs de Lectura. Na súa intervención, Román Rodríguez felicitou ao autor por esta distinción, de quen destacou que é "dos máis seguidos polos lectores infantís e xuvenís".