O chantadino Xosé Lois García acaba de presentar unha nova edición do cancioneiro completo do trobador medieval Xohán de Requeixo na que afirma que o cantor e compositor era ademais relixioso. Segundo el, o trobador foi frade en Oseira e párroco en Requeixo, e nas súas composicións poden atoparse elementos que sinalan a orixe relixiosa do seu autor. Xohán de Requeixo é un dos máis tardíos representantes da lírica galego-portuguesa medieval.
Máis información sobre as Xornadas de Ourense en Galicia Hoxe








