O Condado. Unha comarca coma tantas outras do país, sen importantes cidades, nin grandes empresas culturais asentadas nin infraestructuras grandiosas. O Condado é, sen embargo, desde hai xa moitos anos, a capital da poesía galega, cando menos durante os días en que se celebra o seu xa célebre Festival Poético do Condado que, logo duns anos suspendido, chega agora á súa XVII edición.
Recitar poesía. Ese é o eixe. Arredor desa sinxela manifestación artística pódense facer unha chea de cousas. Na Sociedade Cultural e Deportiva do Condado, por exemplo, decidiron aproveitar o recitado e montar arredor un encontro cultural e reivindicativo. Deste xeito nacía en 1981, en Mondariz-Balneario, o I Festival de Poesía do Condado, porque non había nada feito neste sentido e a poesía era coma a irmá pobre da literatura, apunta Manolo Soto, presidente da sociedade. Desde entón o encontro foise movendo por diferentes vilas da zona, incorporando aos poucos outras actividades coma exposicións de pinturas, concertos, actividades para nenos e outras propostas lúdicas.
Nomes e letras
A chamada a ler e escoitar poesía a finais do verán nas proximidades do Miño, na compañía de grande parte do mundo cultural galego acadou éxito. O festival foi medrando, máis en actividades ca en público. Temos unha asistencia máis ou menos estable, entre as dúas mil e as tres mil persoas cada ano, lembra Soto. Unha boa cantidade de público que viu pasar polo Condado a práctica totalidade dos vates galegos. Por acó deberon de pasar case todos. Desde Cuña Novas a Méndez Ferrín, pasando por Pexegueiro, Cáccamo, Baixeras, Pozo Garza.... Por se non abondaba co luxo de contar coas voces en directo dos poetas, desde o primeiro festival tamén se abordou a edición dun libro recompilatorio dos poemas lidos cada ano, na maioría dos casos composicións inéditas dedicadas ao lema que cada ano guía o festival.
Reivindicación
Porque a poesía no Condado ten sempre un ton reivindicativo, e desde o comezo da actividade, cada festival contou cun lema de denuncia e de loita. Desde a loita contra a globalización coa frase Um outro mundo é possível ata as chamadas a prol da autodeterminación, contra o V Centenario da descuberta de América ou reivindicando a insubmisión ao servicio militar. Soto sinala este é un festival reivindicativo e multipartidario. Hai xente do Bloque do PSE, do PP e mesmo independentistas, aquí temos de todo.
A creba
Os concellos da zona, especialmente o de Salvaterra, a Deputación de Pontevedra foron apoiando economicamente a organización dunha cita que se revelaba coma clásica no panorama poético galego. Sen embargo, en 1995 chegou o cataclismo. Segundo conta a organización, a Deputación de Pontevedra retirou no último momento o seu apoio, despois de se ter comprometido a encargarse da edición do volume dese ano e de achegar un subsidio de cincocentas mil pesetas da época. As débedas contraídas pola SCD na celebración daquela XV edición obrigaron a esta entidade a pasar os seguinte cinco anos pagando as débedas xeradas e sen organizar o festival. Este contratempo provocou tamén unha vaga de desilusión e de cansazo entre moitos dos veteranos membros deste colectivo.
Resurrección
A desaparición do festival non deixou indiferente aos moitos afeccionados que xa se afixeran á cita anual. E pouco a pouco, foi xurdindo xente que preguntaba polo evento. E foise sumando xente nova á SCD, con gana de recoller a testemuña da organización. Desde xeito conseguiuse, no 2002, que voltase á vida a principal cita poética do país, cuns ánimos renovados que se poden comprobar no completo dos programas desta segunda xeira. O apoio das adegas da zona á edición do libro, as de moitos pequenos negocios, algúns pequenos subsidios e as vendas de distinto material editado pola SCD son os métodos cos que se cobren os arredor de trinta mil euros que custa organizar o evento. De feito, a XVI edición, a do retorno, rematou cun superávit para a organización que os animou a coordinar desta volta o maior programa nunca visto no festival.
Unha historia social
A Sociedade Cultural e Deportiva do Condado naceu como tal en 1973, e foi clandestina durante algo máis dun ano para non se someter aos requirimentos da lei de asociacións de 1968. A sociedade naceu coma un xeito de facer oposición democrática na comarca, lembra Soto. Desde entón veu dinamizando a vida social e cultural da zona, organizando, desde unha óptica comprometida e reivindicativa, todo tipo de actos. Trinta anos despois, os arredor de oitenta e sete socios veteranos mantéñense firmes na asociación, aínda que recoñecen en moitos casos un certo cansazo polo duro traballo realizado. A sociedade expandiuse cara á xente nova de Salvaterra e de Ponteareas, que son agora os que tiran un pouco pola directiva para facer cousas, recoñece o presidente, que lembra tamén que na actualidade contan con nada menos que cento setenta e nove membros.
XVII
A última edición do Festival de Poesía do Condado chega cun programa realmente completo. A música que desde o principio acompañou as actividades poéticas vén este ano representada por Ruxe Ruxe, Treixadura, Gaiteiros de Melide, Big Fat Mamma, Luís de Matos e Ana Firmino, que pecharán o evento na noite do día seis. En canto a poetas, a variedade está garantida. Desde nomes asentados coma Manolo Rivas ou Estevo Creus a novos valores coma Kiko Neves ou Samuel Solleiro. Ademais destas actividades, xa clásicas, o festival complétase con exposicións de maquetas de embarcacións fluviais, pintura, escultura, humor gráfico e fotografía. O fío común das mostras é este ano o lema Verbas para nom esquecer..., referíndose aos berros de Nunca Máis e de Non á guerra que encheron as rúas galegas desde o pasado mes de novembro. Outras actividades programadas son a proxección de documentais e curtametraxes e o paseo turístico no Comboio de baixa velocidade que percorrerá as rúas da vila. E é que a poesía transfórmase con facilidade en moito máis ca letras.