Recompilar toda a obra de Eduardo Blanco-Amor nunha serie. Isto é o que queren facer en Galaxia co lanzamento da biblioteca Blanco Amor, unha colección que se distinguirá polo seu deseño e que levará fotografías realizadas polo propio autor nas portadas. Desde Xerais ven tamén a luz os novos libros de relatos de Darío Xohán Cabana e de Xosé Miranda ou as 101 anécdotas de Anxel Fole. Pola banda de A Nosa Terra veñen de presentar Anxos de Garda unha obra que recolle e amplía a sección que elabora Anxos Sumai neste portal e que abre a colección Central Literaria
Máis información en La Voz de Galicia e en Galicia Hoxe








