A ampliación do Dicionário de Literatura Portuguesa, Brasileira, Galega, Africana e Estilística Literária contará cunha maior presencia do noso país ao incluir cen novas entradas referidas a Galicia nos dous volumes de actualización que se veñen de publicar. Esta obra, iniciada en 1956, é un referente universal á hora de falar de literatura lusófona, e contaba xa con entradas dedicadas aos máis destacados autores do país. Entre as novas entradas atopamos referencias ao Días das Letras, á importancia da Guerra Civil na nosa literatura ou a novas autoras comaYolanda Castaño.
Máis información na edición de hoxe de La Voz de Galicia e nesta web








