A falta dun trámite de presentación final de documentación as axudas de rescate ao sector cultural do Concello de Santiago chegarán finalmente a repartirse só na metade no orzamento asignado. O consistorio publicou a resolución da convocatoria coa lista de solicitudes admitidas e rexeitadas de entre as 77 que se presentaron, cun resultado que, provisionalmente deixa 49 beneficiarios e 18 rexeitados nesta liña de axudas. Dos 300.000 euros cos que contaba a partida repartiranse, segundo esta resolución algo menos da metade, 145.000 en total con subvencións que van dos 3.000 (o máximo posible) aos 1.110 euros. Empresas e autónomos do eido cultural, entre as que hay editoriais, empresas gráficas, compañías teatrais e audiovisuais, autores e artistas plásticas, empresas de comunicación ou de produción e loxística de espectáculos están entre os beneficiarios das axudas locais. Coñecidos axentes culturais da cidade coma a Sociedade Cooperativa NUMAX e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) viron rexeitada a solicitude. As persoas e/ou empresas excluídas teñen un prazo dun mes para interpor un recurso de reposición.
O feito de que aínda contando coas 18 solicitudes rexeitadas a partida non tería sido esgotada na súa totalidade malia a mala situación do sector cultural, levou a pasada semana á portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, a adinatarse a esta resolución e presentar unha iniciativa para o Pleno municipal para a mellora das bases da nova convocatoria para o rescate do sector que sexa máis específica nas particularidades destas actividades. O BNG propón que a elaboración das bases se leve a cabo en acordo co sector e se modifiquen os contidos e procedementos, tamén os de comunicación para a subsanación de erros de presentación das solicitudes, así como que se inclúa a empresas non domiciliadas en Santiago pero que teñan un importante peso da súa actividade na cidade, entre outras propostas.