A literatura galega vende tamén no estranxeiro. E por ese motivo aumentan as traduccións de obras galegas a outros idiomas. E un síntoma é que este verán nas librarías portuguesas poderanse atopar as obras de Rosa Aneiros (Resistencia), Méndez Ferrín (No ventre do silencio) da man da Editorial Dom Quixote; a serie de Said e Sheila de Ramón Caride, Erros e tánatos de Gonzalo Navaza e Bebendo o mar de Xavier Queipo. Pero non só o universo literario galego atopa camiño en Portugal, xa que Avenida do Parque 17 de Agustín Fernández Paz traducirase ao árabe , Ébora de Xosé Carlos Caneiro poderase ler en alemán, e en inglés estará Them de Xosé Luís Méndez Ferrín.
Máis información en La Voz de Galicia








