Nin Berlín e A transfusión son os dous títulos cos que se estrea a editorial Veniaisedicións. Unha editora lucense da que son responsables os escritores Xosé Manuel Gayoso e Basilio Covo, autor de Nin Berlín. O seu obxectivo é rachar co tópico de que editar en galego é difícil ademais de buscar orixinalidade nos textos e temas en que aínda non entrou a literatura galega. Os dous primeiros volumes terán unha tiraxe de 500 exemplares cada un.
Máis información en El Progreso








