Aparece un machado ritual no castro de Viladonga

Localizouse sobre as escaleiras de baixada ao depósito de auga

17/6/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimoniohistoria
33 lecturas | Compartido 0 veces

O machado de Viladonga. Foto: Xunta

Só ten trece centímetros de lonxitude e 22 gramos de peso, pero está cheo de información visual ao redor do universo cultural dos galaicos da Idade do Ferro. Hoxe a Xunta fixo pública a aparición dun novo machado ritual galaico da Idade do Ferro, localizado durante a campaña arqueolóxica do 2019-2020 no castro de Viladonga. O machadiño atopábase nas escaleiras de baixada a un depósito de auga localizado nesa campaña e previo á construción da fase actual da muralla, nun contexto do século III a.C. A Xunta calificou o achado de "gran descuberta pola escaseza destas pezas e a súa profusa e complexa decoración". Certamente, só uns poucos exemplares destes pequenos machados votivos chegaron ata a actualidade, e constitúen un dos obxectos máis sobranceiros e, ao mesmo tempo, menos coñecidos, da Idade do Ferro galego. Outros teñen sido localizados en Lalín, Carmiño, Mondoñedo ou Cervo. O machado preserva varias figuras: un touro, un xabarín e un carneiro, ademais dun torques e o sogueado habitual nestes obxectos e atópase nun gran estado de preservación. Considérase que os machados representan escenas de sacrificios rituais da Idade do Ferro.


Do mesmo ámbito

15/03/2022

Quiosco: Boletín Croa nº 31

O boletín do castro de Viladonga avanza os resultados das novas intervencións no castro e no xacemento de Proendos

14/03/2019

Un sol alumea nas Barreiras

A segunda campaña arqueolóxica no castro vimiancés permite coñecer máis sobre o carácter e o final dun asentamento da Idade do Ferro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Idade do Ferro, Castro de Viladonga, Cervo, Lalín...