O Arquivo Histórico da USC abre na rede unha exposición sobre epidemias en Galicia

A Deputación da Coruña publica contidos históricos do Arquivo Provincial

12/6/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: CulturaExposicións
Compartir:

Fragmento da exposición sobre memoria epidémica do AHUS

A memoria epidémica de Galicia a través dos fondos do arquivo histórico universitario é o título da exposición que publicou en liña esta semana esta entidade dependente da Universidade de Santiago. A mostra fai un repaso das diferentes epidemias que sofreu o noso país entre os séculos XVI e XX "a través dunha selección de 50 documentos de tipoloxía moi variada". Nos mesmos, segundo explica a presentación do proxecto, pódense atopar "testemuños escritos das consecuencias dos distintos brotes epidémicos que tantos estragos causaron no noso territorio, e das medidas de prevención e hixiénicas que adoptaron as autoridades da época".

Tamén a Deputación da Coruña publicou, a coincidir coa celebración o 9 de xuño do Día dos Arquivos, unha selección de documentos do Arquivo Provincial, entre eles, as cartas manuscritas de Juana de Vega tras a epidemia de cólera que afectou a cidade da Coruña en 1853. A entidade custodia ademais outro documento de grande importancia na historia epidemiolóxica mundial, como é o Libro de Expósitos da Expedición Balmis, que recolle os nomes e datos dos nenos que en 1803 levaron dende A Coruña a vacina da varíola a América.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

09/06/2014

Dosier: Arquivos

Actividades especiais conmemoran o Día Internacional dos Arquivos por todo o país

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, A Coruña, Deputación da Coruña, Juana de Vega...

Claves

Protagonistas