Ao igual que noutros sectores, a mobilización de persoas e colectivos para levar cultura ao confinamento forzado polo Coronavirus dáse tamén no ámbito dos contidos para o público máis novo. Entre as iniciativas máis recentes, o Salón do Libro de Pontevedra botaba a andar este 17 de marzo a súa proposta virtual. Logo de pechar a súa edición o pasado dÃa 12 de marzo, a organización do evento contactou com profesionais da narración oral, monitorado e outros campos para levar a este formato as actividades suceptibles de se adaptar á rede. Deste xeito, Tamara Andrés, Soledad Felloza, Polo Correo do Vento, Reviravolta, Pakolas, Pablo DÃaz, “Magia en la manga”, a Asociación Mater Lingua, MarÃa Faltri e Jorge Juncal, Leucoiña, Fantoches Baj, “A xanela do maxÃn” ou 7H cooperativa cultural anunciaron xa a súa participación na proposta, que achegará contidos para o público máis cativo cada dÃa arredor das 12 mañá e cara à s 17:30 ou 18 horas da tarde no web e nas redes sociais da entidade. Exposicións virtuais, contacontos e obradoiros son algúns dos contidos que se publicarán ao abeiro desta iniciativa.
No campo da educación, diferentes docentes do paÃs mobilizáronse para pór en marcha a plataforma Aulas Galegas. Este proxecto colaborativo "nace para axudar o alumnado, as familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego", segundo explica na súa presentación. O web do proxecto achega material didáctico para todos os ciclos educativos e mesmo para educación de adultos, ademais de propostas de actividades para desenvolver no fogar e recursos como lecturas, filmes e outros contidos, tanto elaborados especificamente para a iniciativa como preexistentes.
A empresa Urdime, pola súa banda, botou a andar o festival Cantos e contos desde o poleiro, unha iniciativa na que se reúnen actuacións especÃficas, como as de Inacio Vilariño ou  Pablo Sánchez com vÃdeos recuperados do arquivo da firma, a incluÃr obras de teatro, concertos ou festivais com figuras como Magin Blanco Maria Faltri, Jorge Juncal, Jerry Noia ou Teatro Ghazafelhos.
Pola súa banda, Kalandraka TV está a engadir aos seus xa habituais contidos novos "contos contados" em liña. O coelliño branco, contado por Xosé Ballesteros e mais O poliño da abeleira, a cargo de Bea Campos, son as dúas primeiras achegas para este perÃodo de illamento. Tamén de xeito individual e a través das redes sociais, profesionais da ilustración como Leandro Lamas e VÃctor Rivas están a publicar na rede algúns dos seus debuxos para que as crianzas coloreen. Lamas, ademais, achega titoriais para aprender a debuxar.
A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, pola súa banda, anima tamén à xente a compartir as súas recomendacións em lecturas para neste campo cos cancelos #EULEOLIX e #EuFicoNaCasa. E desde os colectivos de radioafeccionados acaba de se pór em marcha o certame "Quédate em casa, quédate em readio" dirixido especificamente para os habitantes máis pequenos no fogar e no que se pode participar com walkie-talkies domésticos.