Quen canta o seu mal espanta, reza o dito. O Estado de Alarma e as restricións de confinamento que afectan tan duramente ao sector da cultura están tamén amosando en parte a súa forza e importancia na vida das persoas e facendo esforzar a creatividade. Desde a fin de semana pasado foron moitas as iniciativas individuais ou colectivas que moi especialmente desde o mundo da música están entrando nas casas da xente e facendo máis levadeira a situación para todos, producindo tamén experiencias compartidas que acentúan a sensación de compañía, tan necesaria. Pasadas as primeiras horas de desconcerto o mundo da música organizouse e comezou cos concertos.
Arestora a mellor maneira de estar informado ao momento das actuacións ao vivo son as redes sociais. Seguir a artistas e bandas preferidas nos seus respectivos perfís asegura poder ir coñecendo en tempo real as súas iniciativas, para as que todos convocan con data e horas concreta permitindo así poñer nas nosas axendas actuacións do mesmo xeito que coa actividade pre-covid19. As primeiras propostas máis organizadas chegaron da man do Ciclo Música de Sofá, un proxecto que xa existía anteriormente en forma de programa de música na rúa no que os escenarios eran unha reconstrución dun salón e que agora saltan directamente aos salóns das casas en directos que se levan a cabo desde as historias de Instagram ou Facebook. O Especial corentena deste ciclo leva desde o domingo organizando actos artísticos que xa contaron coas actuacións de High Paw, Davide Salvado, Najla Shami, Gabi Reboredo e o obradoiro de música tradicional de Artur Puga. O ciclo continúa e xa ten programadas actuacións para hoxe e o resto dos días cos nomes de Xisco Feijóo, Faia Díaz, Margarida Mariño e Abe Rábade en principio. Unha das características deste ciclo e que leva a cabo unha recadación inversa, pola cal os artistas poden ser remunerados grazas a doazóns contribuíndo á súa sostibilidade.
Este xoves dará comezo outra destas iniciativas, o Eu quedo na casa Festival, unha iniciativa galega ao xeito do festival virtual estatal Yo me quedo en casa que xuntou esta fin de semana pasada máis de 50.000 persoas, que porá no Instagram concertos en directo desde o xoves 10 ao mércores 25 cun cartel que aínda está por darse a coñecer por parte dos colectivos Músic@s Galeg@s en concerto e Orgullosas do noso. Outros artistas nas súas respectivas redes sociais están tamén a encher o oco e contribuír positivamente ao momento co seu traballo de xeito desinteresado. Tal é o caso de Javier Lago que xa fixo o propio o pasado luns e o músico vigués Fon Román (ex-Los Piratas) que convocou hoxe martes ás 20 horas a través de Facebook e Instagram para un concerto ao vivo, ou Guadi Galego que anunciou xa que ía facer tamén un directo nas redes esta semana para o que solicitou que xente propuxese temas a interpretar.
#tradicióncontraovirus
Son moitos os artistas que están tamén subindo, non en directo, actuacións caseiras e vídeos con interpretacións, como é caso do pianista Alberto Vilas e os seu Cadernos de Bitácora, ou mesmo con clases de baile tradicional. Xustamente desde o mundo do trad, a Asociación de Gaiteiros Galegos fan un chamamento ao seus asociados a formar parte da iniciativa #tradicióncontraovirus que quere chamar á seguir desfrutando da nosa cultura tamén dende a casa, tocando, bailando, cantando e compartíndoo na rede para facer visible a nosa maior obra colectiva (despois do idioma), din na AGG. Antonio Prado está a subir a rede vídeos tutoriais de baile tradicional. Igualmente desde asociacións veciñais e cuilturais van facéndose actividades en liña, mesmo foliadas.
Teatro en liña
As gravacións de obras de teatro raramente fanse públicas e son máis usadas como ferramentas de traballo interno da profesión e das compañías e intérpretes. Neste caso xa foron algunhas as compañías que están a compartir estas gravacións de xeito aberto para engadir o seu gran de area e evitar a desaparición total da representación teatral dos nosos hábitos culturais durante o tempo que dure a situación de confinamento e peche. A compañía Teatro do Noroeste puxo en YouTube o seu espectáculo Animais de compañía, de Eduardo Alonso, mentres que Voadora abríu na mesma plataforma de vídeo en liña a canle Voadora no sofá a través da que se poden ver cinco das súas montaxes dos pasados anos: Waltz, A tempestade, Don Juan, Calypso e Sueño de una noche de verano. Tamén desde o teatro non profesional hai achegas nestes momentos, como o de Melandrainas Teatro que sube á canle de Audiovisuais Arteixo en vrios capítulos o seu espectáculo O loro de picadillo. Cada día xorden novas achegas nas que a imaxinación e a adaptación ás posibilidades está a cada rato poñendo nas redes unha nova iniciativa xurdida do corpo creativo do país, que está a contribuír ao benestar da sociedade de xeito desinteresado.
En Culturagalega.gal seguiremos a dar conta das diferentes iniciativas nesta liña que vaian aparecendo na rede, unificadas baixo o cancelo #culturanacasa.