A poesía non para e vai activamente contra o virus

Alguén que respira!, Poetry Slam Compostela e Leite Edicións pásanse ao formato virtual

18/3/2020 | Santiago/ S. Montes | Seccións: LiteraturaSociedadeculturanacasa
38 lecturas | Compartido 0 veces

A parada social non pode coa poesía viva e a voz dos poetas busca as canles posibles para chegar a quen quere escoitala, aínda nestes momentos. O festival de poesía Alguén que respira! en Santiago tivo que cancelar o seu inicio programado de hoxe pero non quedou na inactividade e os seus organizadores decidiron cambiar as rúas e os espazos pola rede cunha serie de accións contra o confinamento denominadas [Poesía contra coronavirus] e se están a incluír no Respira! Web da súa páxina virtual. Ademais de xeito paralelo o festival usará a rede social Facebook, para ir ofrecendo vídeos dos e das poetas que estaban incluídos no programa aprazado do festival. O Respira! Web comezou esta mesma mañá con Antón Reixa, que escribiu para a páxina o poema titulado precisamente Viruse coa exhibición de vídeos baixo o lema Poesía antivirus, comezando por María Lado e Rosalía Fernández Rial. A partir do día 20, a web quedará aberta aos poemas que calquera queira compartir.
Outra cita coa lírica que tivo que ser cancelada estes días foi o encontro periódico do certame oral de poesía Slam Poetry Compostela, que fai unha competición ao vivo e que tiña prevista unha eliminatoria o vindeiro 25 de marzo no Riquela Club de Santiago. Pero como eles decidiron, a poesía non para, así que cambiaron a un formato virtual, o Virtual Poetry Slam, mantendo a característica competitiva do encontro. Este sábado 21 de marzo ás 20:30 horas 12 participantes terán 3 minutos cada un para facer unha peza poética en vídeo que se irán publicando a través do Facebook de Poetry Slam Compostela e tras acabar eles habilitarase unha ligazón durante 15 minutos para as votacións populares, cuxo resultado coñecerase inmediatamente. Participarán desta volta: Riquinha, Peter Brea, Raquel Duque, Martín Corral, Fátima Delgado, Paulo Maestro, Valentina Isidora, Neza, Lúa Mosquetera, Ghachuska, Andrea Valle e Ricardo Núñez.

Tamén a editorial Leite Edicións, puxo en marcha esta semana, xa desde o luns, a iniciativa Corona Ipsum pola cal cada día subirán á rede un vídeo dunha diferente poeta. Arancha Nogueira, Lucía Cernadas e Orballo son as tres primeiras en sumarse a este recital colectivo e secuenciado que busca seguir espallando a poesía polas casas a través das redes.

En Culturagalega.gal seguiremos a dar conta das diferentes iniciativas nesta liña que vaian aparecendo na rede, unificadas baixo o cancelo #culturanacasa.

#culturanacasa

Ver serie completa
06/04/2020

O patrimonio entra nos fogares

Museos, fundacións e activistas do patrimonio cultural actívanse para levar a historia ás casas

01/04/2020

Novas propostas audiovisuais para o illamento

Filmes en aberto, certames e un documental colaborativo animan estes días na casa

20/03/2020

O filme 'A Esmorga' poderá verse de balde en liña esta fin de semana

Vía Láctea Filmes, TVG e Editorial Galaxia poñen esta multipremiada produción na rede

18/03/2020

A rede galega achega #culturanacasa para as crianzas

O Salón do Libro virtual ou Aulas galegas achegan contidos para o confinamento da cativada

17/03/2020

O sector da música desfai as paredes que nos separan

As redes sociais son os escenarios onde música e teatro seguen manténdose presentes e achegando benestar de xeito altruísta

16/03/2020

Cultura galega para quedar na casa

Creadoras e creadores do país mobilízanse para contribuír a pasar o illamento pola epidemia de coronavirus

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego