O filme 'A Esmorga' poderá verse de balde en liña esta fin de semana

Vía Láctea Filmes, TVG e Editorial Galaxia poñen esta multipremiada produción na rede

20/3/2020 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: AudiovisualSociedadeculturanacasa
2 lecturas | Compartido 0 veces

Co obxectivo de contribuír "a acadar a disposición de espírito para a afouteza", Vía Láctea Filmes, TVG e Editorial Galaxia, produtoras da longametraxe A esmorga (2014), ofrecerán dende hoxe venres ás 20:00 horas, e ata o luns 23 ás 6:00 AM. o filme en aberto e de balde a través de Internet. A longametraxe A Esmorga está baseada na novela homónima de Eduardo Blanco Amor. O filme foi dirixido por Ignacio Vilar e protagonizado por Karra Elejalde, Miguel de Lira, Antonio Durán 'Morris' e Sabela Arán. Ata seis Premios Mestre Mateo acadou a produción no ano 2015, entre eles o de mellor protagonista para Antonio Durán, o de Fotografía a Diego Romero Suárez-Llanos. E o de mellor música orixinal de Zeltia Montes. A película tamén levou na XXª edición do Festival Cinespaña de Toulouse (Francia) premios para Ignacio Vilar na mellor dirección, a mellor interpretación masculina ex aequo a Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán 'Morris' e á Mellor Fotografía a Diego Romero Suárez-Llanos. A editorial porá a disposición hoxe unha url onde ver o filme.
En Culturagalega.gal seguiremos a dar conta das diferentes iniciativas nesta liña que vaian aparecendo na rede, unificadas baixo o cancelo #culturanacasa.
Ligazóns externas

#culturanacasa

Ver serie completa
06/04/2020

O patrimonio entra nos fogares

Museos, fundacións e activistas do patrimonio cultural actívanse para levar a historia ás casas

01/04/2020

Novas propostas audiovisuais para o illamento

Filmes en aberto, certames e un documental colaborativo animan estes días na casa

18/03/2020

A poesía non para e vai activamente contra o virus

Alguén que respira!, Poetry Slam Compostela e Leite Edicións pásanse ao formato virtual

18/03/2020

A rede galega achega #culturanacasa para as crianzas

O Salón do Libro virtual ou Aulas galegas achegan contidos para o confinamento da cativada

17/03/2020

O sector da música desfai as paredes que nos separan

As redes sociais son os escenarios onde música e teatro seguen manténdose presentes e achegando benestar de xeito altruísta

16/03/2020

Cultura galega para quedar na casa

Creadoras e creadores do país mobilízanse para contribuír a pasar o illamento pola epidemia de coronavirus

Universo culturagalega.gal