Crear un marco legal estable e específico para a edición, a distribución, o fomento da lectura e a xestión das bibliotecas, a semellanza do que existe en Cataluña ou Madrid. Esta é a proposta que presentaba onte Pilar García Negro, parlamentaria do Bloque Nacionalista Galego, na Cámara autonómica. A ambiciosa Proposición de Lei do libro, do fomento da lectura e das bibliotecas públicas recolle aspectos que van desde as axudas á edición, á xestión das publicacións oficiais ou á conservación do patrimonio bibliográfico.
Máis información en El Correo Gallego








