Como cada ano, a editorial Xerais concede os seus galardóns aos mellores traballos literarios. Este sábado, en Betanzos, Santiago Jaureguízar recolleu o XX Premio Xerais (dotado con 12.200 euros) por Planeta Skylab, unha novela irónica e destructiva da realidade galega. Nesa mesma xuntanza tamén se fallou o VIII Premio Merlín da Literatura infantil, dotado con 6.100 euros, que foi para Manuel Lourenzo por Irmán do vento, unha novela de aventuras sobre o que lle acontece a un rapaz iraquí na guerra.
Máis información en
La Voz de Galicia e en El Correo Gallego








