Cincuenta e seis relatos nas voces dos seus autores repartidos en catro CDs, o que supón a maior antoloxía sonora da narrativa galega. Este é o contido de Narradio. 56 historias no ar, a compilación que presenta hoxe Ana Romaní no programa Diario Cultural da Radio Galega. O libro é unha coedición entre este medio e Edicións Xerais e inclúe relatos de Carlos Casares, Alfredo Conde, Salvador García Bodaño ou Xavier Alcalá, entre outros.
Máis información en El Correo Gallego








