Os informes de valoración de impacto dos festivais fan unha radiografÃa única e ata o de agora descoñecida destes eventos. Grazas a un método anovador de Francisco Javier Núñez Alonso de ‘Avaliación 360º’ presentado no libro Da medición do impacto á mellora. MetodoloxÃa de avaliación de eventos culturais. O caso do Festival de Cans (Agadic - Xunta de Galicia, 2018). O libro, realizado a partir da tese de doutoramento do seu autor, ofrece o método para simplificar a recollida de información sobre os encontros obxecto de estudo e crear un sistema propio de indicadores de medición. Un equipo da Universidade de Santiago dirixido polo profesor Francisco Javier Sanjiao e polo propio Núñez Alonso recolleu os datos precisos para elaborar un retrato de cinco festivais celebrados en 2018 en Galicia e xa está a traballar para facer o mesmo con outros seis este verán, comezando a semana que ven con Vive Nigrán e 17º Ribeira Sacra. Como xa ocorrera o pasado ano, o público atoparase nestes eventos con repartidores de enquisas preparadas para a recollida de campo das impresións e e a información que achegan os asistentes, unha das partes máis importantes e fundamentais destes informes.
A iniciativa partiu desde a Xunta de Galicia, tras crear a marca Fest Galicia para "promover o territorio galego como destino musical baixo criterios de calidade, sostibilidade e responsabilidade social" e que a través da Axencia Galega de Industrias Musicais (Agadic) chegou a acordo coa USC para a elaboración destes informes estratéxicos que proveen de datos sobre o retorno directo, indirecto e inducido xerado por estes eventos. Unha reposta desde as institucións a un fenómeno de explosión de festivais que xa leva anos sendo unha realidade e que, malia algunhas baixas frecuentes segue a manterse como un importante foco de actividade e atracción. Xustamente o pasado ano 2019, foi o primeiro no que os festivais musicais chegaron á feira internacional e turismo Fitur, en Madrid, para quedarse e darse a ver como un elemento indispensable á hora de tratar o fenómeno das motivacións de elección de destinos turÃsticos. Un factor que hai que asumir e co que hai que traballar. Nese sentido a iniciativa de estudios posta en marcha desde Galicia e con método propio non ten competencia en ningunha outra parte, agás auditorÃas propias levadas a cabo desde a organización dalgúns eventos a nivel privado.
Un modelo de avaliación único e ambicioso, non comparativo
Persoas e entidades de fóra de Galicia xa se interesaron na elaboración destes estudos segundo o método de avaliación e se puxeron en contacto co grupo investigador para ver de facelos noutros lugares, Sanjiao recoñece que polo agora decidiron rexeitar algúns encargos. "Este ano dixemos que non", di o investigador aducindo a imposibilidade de multiplicar a carga de traballo do equipo actual ou de crear un novo equipo noutros lugares do que poder extraer os mesmos resultados. "A nosa prioridade é facer o que facemos ben, fixemos as do ano pasado con moito traballo e moito esforzo persoal da xente que estaba traballando aÃ. Creo que o resultado foi bastante bo, o que non queremos é baixar ese estándar, en todo caso melloralo, e para ese estándar non podemos crear grupos por aÃ. O noso núcleo duro do grupo somos cinco persoas, sen catro delas porque eu poderÃa excluÃrme, non se poderÃan levar a cabo estes informes". Ademais Sanjaio tamén asegura que algúns dos interesados se sorprenderon polo custe que implica levar a cabo estes estudios "non son baratos", asegura. Para él un dos puntos fortes do seu estudo, ademais do anovador do procedemento desenvolvido, é a importante recollida directa de información a través das enquisas que se fan nos festivais. "Incluso no Sinsal que é no que habÃa o menor número de asistentes por dÃa (arredor de 700), nós o número mÃnimo de enquisas que tivemos foron 1200, nunca baixamos, ese era o nos obxectivo e o conseguimos sempre", asegura baseando no traballo de campo gran parte do valor dos informes, "iso dá un nivel de fiabilidade moi alto". "Estudos semellantes realizados en outros territorios -non hai moitos pero algún hai- e no estranxeiro utilizaban moitas menos enquisas", lembra Sanjiao.
Os cinco estudos xa publicados e os que están por facerse non teñen ánimo de establecer comparativas ou clasificacións entre festivais, ao contrario pretenden deixar claras as caracterÃsticas propias e identificativas de cada un destes eventos respecto aos demais. Contra ese ánimo habitual de establecer listas nos advirte Francisco Sanjiao xa como punto de partida. "Cada caso é distinto á hora de analizar. Esta ferramenta sirve para o que sirve e non para outra cousa, non para facer comparacións entre os distintos festivais que nós non as facemos. Analizamos cada un deles de forma individualizada, falando con cada un deles, vendo os datos, propoñendo cousas pero non vamos facer un ranking de festivais de 'este é mellor en isto e aquel mellor no outroÂ…' Non nolo verás facer. Non vas ver esas valoracións, este pretende ser un informe dunha análise económica positiva en base a datos e en base a elementos que se poidan cuantificar, medir e dentro diso si que podemos analizar en cada caso o que se pode facer ou si algo ten unha valoración escasa, pero non en relación cos outros festivais", conclúe rotundo.
É certo que serÃa doado coller algún dos moitos valores que ofrecen estes informes e úsalo para establecer algún tipo de listado, pero tamén o é que calquera orde se verÃa completamente alterada polo uso de segundo o valor escollido sen que un só deles puidese servirnos de moito como referencia primordial de perspectiva. Comparar, por exemplo, dous eventos tan diferentes como o Resurrection fest e o Festival SinSal da Illa de San Simón preséntase case que absurdo. Mentres nun deles acudiron en 2018 unha media de 23.720 persoas, noutro foron 2.360 as persoas que acudiron, pero en ambos casos estamos a falar dun éxito con todo vendido e ademais porque as premisas de partida e intención de cada un deles son absolutamente distintas, nin mellor nin peor. Sanjaio exemplifica con estes dous festivais o absurdo de usar os estudos dun xeito comparativo. "ImaxÃnate que mañá lle chegaras á xente do Resurrection e lles dis :'o heavy agora xa non, que agora está máis en boga a electrónica'. ¿Eles van cámbialo? ¡Non! Porque eles fan o que queren facer. Nós o que lles dicimos é: 'dentro do que ti estás facendo estes son os retornos, estes os impactosÂ…' Estamos falando de cousas e plantexamentos distintos, se no Sinsal en vez de meter a 700 persoas meten a dúas mil van ter máis impacto pero iso serÃa romper coa esencia dese festival realizado dentro dun parque natural".
Retornos positivos do investimento público e privado
Ao grupo de investigación corresponde achar a información, procesala e presentala. Aos demais, institucións, empresas, xornalistas e público en xeral nos corresponde interpretala e usala segundo as nosas perspectiva e intereses e sacar as conclusións que nos semellan pertinentes. Unha desas poderÃa ser, segundo os 5 informes presentados, que os festivais son rendibles tanto para o investimento privado como para o público en canto a retornos medibles. Todos eles supoñen un retorno positivo que no caso dos cartos postos desde a Xunta de Galicia a través de axudas e subvencións a estes cinco eventos obtén sempre unha volta positiva sobre o territorio que pode ir ata os 191,39 euros de media por euro investido no caso dun festival cunhas dimensións grandes como o Resurrectión Fest e que no resto oscila pero sempre por riba dos 15,66 euros por cada euro público autonómico investido, collendo de novo o Sinsal como un modelo completamente distinto. "Ese retorno depende directamente do grande que sexa o festival e de que porcentaxe sobre os gastos totais representa a achega pública", nos aclara Francisco Sanjiao, "se eu teño un orzamento de 100 mil e me dan mil o retorno vai ser maior que se a achega é mil pero o festival se move en 10 mil, aà o retorno serÃa moito máis pequeno".
O valor non inclúe outras achegas públicas secundarias como poidan ser as de concellos ou deputacións que, malia poder facer variar estas cifras non as farÃa con toda seguridade moverse do retorno positivo. A capacidade de cada orzamento, dado a diversidade dos eventos, é moi diferente, pero isto resulta relevante en termos de retorno ao ver a distribución do gasto deses orzamentos e o reparto territorial posterior, isto é, onde se gastan os cartos de cada orzamento. Os informes distinguen dous tipos de gasto para os eventos: aquel que se vai en cachés artÃsticos e o que se gasta en produción e organización. O destino xeográfico divÃdese en tres parámetros completamente necesarios á hora de valorar o impacto que o evento ten no sitio que o acolle: Comarca, Resto de Galicia e Fóra de Galicia. No que se refire ao uso desde indicador de retorno como valor de decisión do apoio público a un evento en función de rendibilidade Sanjaio nos afasta desa idea: "iso non se poderÃa xustificar. Iso ten sentido nunha empresa privada, onde un arrisca a súa pasta. Non é o único parámetro interesante", e pon como exemplo o Festival 17 Ribeira Sacra que este van van estudar, "ten actividades que son de 40 persoas, van corenta persoas nun concerto nun catamarán. Que facemos? Este non porque só van corenta? Ah, pero esas 40 persoas van á Ribeira Sacra que é unha zona non conxestionada nin moito menos, unha zona a desenvolver, que interesa máis". Todos estes eventos teñen unha cousa en común (ademais de estar promovidos desde empresas privadas), lémbranos Sanjiao, "ningún deles ten lugar nunha cidade" polo cal o seu impacto nas zonas onde se celebran é moito máis preciso de ter en conta asà como o nivel de aceptación que teñan dentro das súas zonas de influenza. Pero aquà entra a importancia da magnitude orzamentaria, recibir o 6% dun orzamento grande pode ser tan importante para unha comarca como recibir o 20% de outro.
A cadeira de rodas que deu a volta ao mundo
Dado que un dos parámetros que miden estes estudos é o de Impacto comunicativo e informativo non podemos deixar de ter presenta a imaxe do recente Resurrection Fest que deu a volta ao mundo do rapaz da cadeira de rodas subido pola multitude durante o festival. "A imaxe da cadeira de rodas lle da un impacto grande ao festival", asegura Sanjiao ao preguntarlle se iso cambiarÃa moito a valoración que o estudo reflexa da edición do pasado ano que valora en máis de 14 milllóns de euros o impacto comunicativo da edición de 2018. "Un só suceso que se viu en todo o mundo en todos os xornais e telexornais, iso xa cambiarÃa a valoración do impacto", confirma. "Unha das cousas das que depende o impacto é o muestreo que poidas facer de aparecer, e un feito como este impúlsao positivamente". O contrario sucederÃa no caso de O'Marisquiño do pasado ano co accidente no peirao de Vigo, xa que áinda que a difusión é enorme se produce por motivos negativos "tes que distinguir, non é o mesmo o de un que o de outro, o interesante é distinguir todas estas cousas á hora de ver os datos", confirma o investigador da USC.
O profesor e investigador ademais lémbranos que, tal e como poñene nos informes de avaliación publicados, o seu equipo descarta o usar as métricas do Valor Publicitario Equivalente (VPE) , sobre o que asegura que existe un consenso internacional "de que non é real, outra cousa é o que interese presentar", di Sanjiao. Este VPE é o que equipara, por deixalo claro, tres minutos dunha información nun programa de televisión con tres minutos de publicidade pagada nese mesmo medio e franxa horaria equiparando o valor económico entre ambas cousas. "Iso xa hai moito tempo que se di que non é real, porque o que pagas non é o mesmo nun anuncio directo que nestes impactos , pode ser para ben pode ser para mal", asegura o investigador desmontando o uso dunha referencia que aÃnda usan algúns promotores actualmente, mesmo en Galicia, pero que este equipo cientÃfico rexeita.
Eventos de seguridade en igualdade
Os informes presentados reflicten tamén certas perspectivas de xénero baseadas nesa multitude de enquisas de campo realizadas nos cinco festivais. "Temos unha persoa especialista en temas de xénero e igualdade que nos bota unha man á hora de ver eses parámetros e analizalos", asegura o investigador no que é unha demostración de interese e sensibilidade do equipo cara a esta cuestión. Un dos indicadores interesantes que deixan ver os cinco informes presentados é que as valoracións relativas á sensación de seguridade no evento, na localidade e no ambiente de diversión son practicamente iguais entre homes e mulleres en todos os casos. "Non hai unha diferencia de valoración da seguridade entre homes e mulleres o que quere dicir que non hai unha maior sensación de inseguridade por parte delas e iso era algo que ao mellor a priori podÃas esperar, hai outras festas nas que se están vendo agresións violentas e crúas, aquà estase traballando nesa liña do respecto e esperemos que sigan asÃ", di Francisco.
Polo de agora non parecen nos seus informes as porcentaxes de presenza feminina nos carteis artÃsticos dos festivais, o que non quere dicir que non sexa unha información que non sexa relevante e doadamente recollible. Respecto á oferta artÃstica tamén resulta relevante a participación de artistas da escena galega nos carteis dos festivais. Aà si que hai unha atención desde o punto de vista económico, "se mira porque ese é un dos datos importantes á hora de medir o impacto directo en Galicia ou na comarca. Contratar a Sés supón contratar a alguén cuxo caché se queda en Galicia e iso se ten en conta, contratar a Kiss, son cartos que van fóra de Galicia" di o profesor.
A vindeira semana comezarán a nova recollida de datos polos festivais cun modelo de enquisa renovado. "Da enquisa que facemos despois de elaborar moitos modelos distintos, facer probas e ver si funcionaban ou non funcionaban. Hai preguntas que ti cres que van funcionar e que te van subministrar información e de repente ves que non e outras que ao mellor pensabas ao principio ao contrario e si que te dan información. As enquisas deste ano son un modelo distinto ao do ano pasado, hai preguntas que se quitaron e outras que se poñen. Poñer unha pregunta dá lÃo. Quitar é máis sinxelo porque é so borralas, pero poñelas é máis complicado porque tes que decidir como as formulas". Nuns dÃas veremos en seis festivais de diferentes puntos aos traballadores do equipo de investigacións. Das nosas respostas dependerán en gran parte os resultados que veremos publicados o ano que ven e que definirán de novo a oferta de festivais de Galicia.