Máis de trinta horas de música en tres días, na compañía doutras 33.000 almas agardaban por nós no remodelado recinto do Monte do Gozo para a segunda edición do festival O Son do Camiño. O evento que arrastra éxito de convocatoria e polémicas cada ano abría as portas para poñer a proba un ano máis a vixencia da súa aposta de ferramenta de promoción cultural do Xacobeo 2021. Se ben quedáramos un pouco fríos ante a conformación do cartel, presentado en febreiro, a realidade coa que nos atopamos tras estes tres días é que malia a certos desequilibrios entre as tres xornadas e nos horarios e escenarios O Son do Camiño 2019 deixou tras de si as sensacións e os impactos que deben deixar estes grandes eventos, independente de que este sexa o modelo polo que cada un aposta ou non. Unha moza de 25 anos e un vello rockeiro de 72 foron as grandes estrelas no Monte do Gozo. O percorrer desta edición mantivo unha curva ascendente que culminou a xornada final xuntando á potencia do cartel cunhas boas circunstancias meteorolóxicas, imposibles de planear pero importantes en calquera acto a espazo aberto.
A apertura do festival viña precedida por varias circunstancias loxísticas importantes. A que máis a remodelación parcial do espazo do Monte do Gozo, que mellorando as zonas de conexión entre escenarios e accesos ampliaba considerablemente a capacidade do recinto para acoller, de xeito seguro, ata 33.000 espectadores, 7.000 máis que o anterior ano. Estas cifras insiren directamente a O Son do Camiño dentro do circuíto dos grandes festivais da península, ademais está previsto seguir con estas mellores para chegar xo o ano que ven aos 40.000 asistentes. Segundo as cifras proporcionadas pola organización , case a metade dos asistentes viña de outras partes do estado, un 40% eran de Galicia e o resto de outros países.A posta á venda dos abonos, como na anterior ocasión a prezos moi reducidos para este tipo de eventos, saldouse cunha saída de todo o papel en tempo vertixinoso, en apenas unha hora non quedaban abonos e só quedaba agardar pola venda das entradas de cada un dos días. Cando chegou esta, algún tempo despois, a primeira xornada en colgar o cartel de completo foi a do sábado encabezada no cartel por Iggy Pop e David Guetta, á que seguiu a do venres marcada pola presenza de Rosalía e Black Eyed Peas. Para a do xoves non chegou a completarse o aforo.
Unha xornada morna
Os londinienses Bastille e os sudafricanos Die Antwoord eran aposta forte do xoves, o máis frouxo musicalmente dos días pero que serviu de toma de contacto co espazo e para ver como ían funcionando as cousas no recinto. O público, iso, aínda estaba morno e a meteoroloxía respectaba no relativo á choiva pero as baixas temperaturas non contribuían a quentar o ambiente. Cabe destacar a estupenda actuación dunha das tres bandas suecas de rock and roll que pasaron por Santiago este ano. The Royal Republic merecían mellor sorte horaria visto o visto. Vestidos nos seus esmoquins vermellos despregaron con soltura os seus elementos de humor, potencia e desvergonza no escenario principal ás seis da tarde, con menos da metade do aforo. Richard Ashcroft, fundador da banda The Verve era outra das pezas interesantes que ofrecía OSDC19. O artista británico viña ofrecer os temas do seu máis recente traballo en solitario Natural Rebel(2018) no que demostra o seu gran talento como compositor dun pop-rock de autor ben feito. Malia o seu indubidable talento como autor e como intérprete a proposta escénica no formato acústico e presentándose só el coa súa guitarra no escenario principal e ante apenas un 30 por cento do aforo deixaba unha imaxe algo desoladora que o británico compensaba co seu bo facer e amosándose achegado ao público louvando a cidade pola que ese mesmo día estivo paseando e na que sacou algunha foto que subiu ás súas redes sociais. A tarde mantívose nun punto de calidade tamén grazas aos segundos suecos do día, Graveyard, que no escenario secundario aterraron co seu hard rock contundente de aires setenteiros, cheo de boas e recoñecibles influencias. Os británicos Bastille chegaban puntuais ao Escenario Estrella Galicia pasadas as nove da tarde. Habituais de festivais, a banda apoiaba en recursos audiovisuais propios de estadio a súa actuación, como é de agardar neste caso. Malia entrar a presentar un novo disco Other People's Heartache Pt. 4, o cuarteto non conseguía entusiasmar a un público morno máis alá que cos seus grandes éxitos, como os moi coñecidos Pompeii e Of the night, a súá versión do clásico da música disco dos noventa Rythm of the night.
Pouco se coñecía dos sudafricanos Die Atnwoord por fóra dos ambientes rave. A Watkin Tudor Jones "Ninja" e Yolandi Visser puidemos velos mesmo como actores na película de ciencia-ficción Chappie (Neill Blomkamp, 2015). Os de Cidade do Cabo actúan de abandeirados do seu propio concepto socio-musical e cultural de clase: ZEF. Definido por eles mesmo como unha maneira de luxo de pobres, un estilo que é ao mesmo tempo "punk, futurista, indestrutible, que es o oposto a una vítima, que podes facer o que queiras, que non te importa o que digan os demais". Iso era o que prometían e nunha espectacular a e irreverente posta en escena foi o que deron imprimindo calor de última hora a unha xornada da que, como parte do festival, poderiamos ter prescindido.
Día de Galicia, día de Rosalía
Ela era a que había que ver ese día. A iso acudiron en masa grupos familiares formados maioritariamente por nais e fillas adolescentes. A súa presencia era visible e notoria no recinto. Fenómeno de dimensións superiores ao musical a Rosalía do Baix Llobregat acumula tan só no seu perfil de Instagram máis de 12 millóns de seguidores, por facer unha comparativa imposible o seguinte do cartel que máis se lle achega é David Guetta con 8,4 millóns. Calquera mención da artista ao festival, ao lugar ou ao Camiño estaba chamada a superar en viralidade e impactos calquera outra mensaxe lanzada a través de medios convencionais. E ademais canta.
Antes dela a xornada permitía aos asistentes facer unha toma de contacto coa música saída da escena galega. As bandas e artistas galegos , nove en total nesta edición tiñan restrinxidas as súas actuacións na franxa de tarde, non máis alá das 21 horas inicialmente, fóra por tanto do horario de máxima asistencia. Ao final un dos moitos cambios de escenarios e horarios que tiveron lugar durante a celebración do festival levaron á formación de rap Hard GZ a poder ofrecer o seu concerto de madrugada desprazando á formación indie Varry Brava ao horario de tarde, nun cambio de derradeiro minuto do que só se obtivo información a través das redes sociais do festival (non se comunicaban cambios na app propia de OSDC19), o que deixou a moitos sen poder ver a algún dos dous. Abría a representación galega a formación pobrense MOITO! o venres ás 16:50 no Escenario Estrella Galicia, polo que esa mesma tarde pasarían os caldenses IGLOO , que malia o pouco público do que dispuñan estaban encantado de subir a actuar nun escenario polo que viran pasar a algúns dos seus grandes mitos musicais durante anos. A ourensá Marem Ladson levaba ao escenario Galicia unha versión máis enerxética do seu primeiro traballo conseguindo convencer tamén coa súa simpatía.
A posterior actuación de Iván Ferreiro no mesmo Escenario Estrella Galicia xa cun aforo de máis da metade asistindo, servía pais e público de máis idade para apropiarse do espazo cantando con el temas como Años 80 ou Como conocí a vuestra madre. Apenas uns acordes de Turnedo chegaron a escoitarse antes de que Ferreiro deixase o escenario xa no límite do tempo asignado que, en cuestión de peches ía cumpríndose estritamente nese momento.
A de Bloc party era unha actuación moi agardada polos bos coñecedores da banda, unha formación de calidade que traía os ecos do mellor indie rock internacional de principios de século. Os londinienses manteñen intacto o seu espírito e potencia apoiados en temas solventes, algúns moi coñecidos e os outros moi bos. A voz característica de Kele Okereke e a entrega musculosa dos resto do cuarteto conseguía convencer tamén aos que non coñecían previamente á formación ou non a tiñan identificada. A parte do público conformada por adolescentes e pais e nais xa apenas se movería dese escenario, deixando a actuación de Shinova no escenario secundario para os seguidores fieis do indie español para os que a banda biscaíña é un dos representantes prometedores destes momentos con temas como Que casualidad ou Cartas de navegación.
Co momento Rosalía o ambiente se puxo tenso. Empurróns, carreiras, nervios, berros, busca de sitio... Absolutamente ninguén se quixo perder o espectáculo da catalá marcando un dos fitos desta edición de OSDC co primeiro aforo completo do auditorio. Non hai Rosalía mala e así quedou demostrado cando, a pesares de chegada da choiva, primeiro fina pero constante, de alí non se movía ninguén. Os temas do seu disco conceptual El Mal Querer foron caendo un a un, ademais de outros coñecidos máis achegados aos sson latino como En altura. A posta en escena, na que a corografía da cantante e o seu grupo de baile é o centro de todo, sobre unhas bases pregravadas e con soporte de coros, resultaba máis equiparable á de algunhas das grandes escenas do disco-pop que aos sons aflamencados das cancións da intérprete, que a capella tamén era capaz de amosar que o seu "cante jondo" está cheo de autenticidade malia as críticas dalgúns sectores. Ningún artista consegue o alcance que ten esta muller por moitas campañas de publicidade que faga se non consegue conmover o público e ela o conseguía con contundencia. Rosalía ademais tirou tamén do achegamento lingüístico e coas palabra necesarias ben aprendidas dirixíase en galego ao público. O seu paso polo festival en todo caso non deixaba a ninguén indiferente.
A outra banda de cabeza de cartel da noite, Black Eyed Peas entraba con algo de retraso sobre o escenario co seu espectáculo. Moi baseado nos seus remixes máis coñecidos osbre temas populares e na simpatía dos seus integrantes, sobre todo Will.I.am, que se esforzaban co castelán para conectar co público e animar a moverse a novos e non tan novos ao ritmo dos seus grandes éxitos como Pump it, I gotta feeling ou The Time. O trío orixinal se presentaba sen Fergie, a voz feminina que foi emblema da banda nalgúns dos seus grandes temas a primeiros de século pero traían como apoio á cantante Jessica Reynoso que non desluciu. Como boa banda profesional americana BEP fixeron exactamente o que se agardaba deles, deixando bo sabor de boca en xeral nunha noite que xa sería "a de Rosalía".
Á terceira, xornada perfecta
Con toda a maquinaria afinada e funcionando sen máis problemas que os habituais (non por iso non mellorables) das colas interminables nos baños e a xestión de residuos nas entradas, o festival enfrontaba a súa xornada final con moi boas previsións meteorolóxicas e musicais e bo ambiente humano. As melloras de mobilidade da multitude entre escenarios funcionaban moito mellor que na pasada edición. Outro dos cambios de mobilidade implicaba ao transporte. A organización habilitara autobuses desde o centro da cidade e desde a explanada do mercado de gando de Amio ata o barrio de San Lázaro, desde alí había que subir andando ata algunha das dúas entradas ao recinto, algo máis dun quilómetro. A medida tomábase para evitar o tránsito dos autobuses pola mesma estrada pola que camiñaba a xente, sobre todo de noite, cos risco de seguridade que iso comportaba. Na maioría dos casos ese percorrido, de algo máis de 20 minutos ata o recinto, non supuña ningún problema real.
A xornada comezaba de novo con cambios de horarios e escenarios que ademais se repetirían ao longo da tarde, creando certa confusión de horarios. A boa tarde que se ofrecía foi ben aproveitada polos músicos galegos para ir deixar mostra da súa diversidade e bo facer. Ortiga facía bailar aos máis adiantados, case todos que baixaban da repleta zona de acampada. Tras diso a proposta de electrónica con raíz de Baiuca enganchaba a propios e estraños. ¿Que pasa milenials?" exclamaban Familia Caamagno ao comezar a súa actuación que suporía, con permiso das bases de Baiuca a única actuación na que o galego sería o idioma único de interpretación en todo OSDC2019. Explosivos co seu repertorio más potente e divertido os Familia Caamagno deron o concerto de rock en galego que este festival merece ter e debería potenciar e promover máis. Con eles o día prendeu unha chispa que levaba sempre cara arriba.
Os suecos The Hives, formaron parte do ciclo de concertos que O Son do Camiño deu durante o outono como complemento do festival en varias cidades. Eles actuaron na sala coruñesa Pelícano e grazas a unha indiscreción do seu locuaz cantante Pelle Almqvist puidemos saber que ran a primeira banda confirmada para esta edición do festival. A conexión sueco coas banda de rock funciona á perfección en OSDC, o pasado ano foran os Mando Diao e neste os mencionados Royal republic, Graveyard e The Hives puxeron un toque do mellor rock de garaxe e hard rock, con grandes temas de guitarra e riffs que fan explotar á multitude. Desafiante e divertido Pelle Almqvist e os seus saíron a comerse a tarde co seu introdutorio Come on!. En traxe branco e con paxariña os suecos foron soltando as súas bombas musicais mentres Almqvist reclamaba o seu aplauso ben merecido pola súa simpatía e actitude, en constante interacción física e verbal co público, amigos galicianos, dicía. Así foron caendo grandes temas Hate To say I told you so ou Tick Tick Boom que puxeron a todo o auditorio a bailar baixo o sol. Nese ambiente, pero ademais co engado de ser grandes coñecedores e coñecidos do público chegaron máis tarde a auditorio repleto os Vetusta Morla. A banda segue a rachar con prexuízos sobre a capacidade do indie español e convence a nivel global coa súa xira Mismo sitio, distinto lugar. Encabezados pola enerxía desbordante de Pucho os madrileños fixeron un concerto magnífico que non só mantiña senón que subía o nivel da xornada.
Xa era noite cando o auditorio principal volvía encherse para asistir, de maneira case consecutiva aos espectáculos dos dous cabeza de cartel da xornada. Iggy Pop volvía ao Monte do Gozo 19 anos despois da súa actuación no desaparecido Santirock. Como o bo viño, Iggy Pop aumenta de valor co tempo non só por manter o seu sabor senón porque cada vez quedan menos botellas. Se nalgún momento hai unha década ou dous velo podía ser anecdótico hoxe é xa un fito histórico que nos conecta con toda unha xeración do rock pre-punk da que apenas quedan vestixios e menos que sigan en activo do xeito en que o fai el, sacando novos discos e interactuando con outras xeracións do rock como le ven de facer con Josh Homme dos The Queens of the Stone Age. A iguana de Chicago, o compañeiro de correrías de Lou Reed e David Bowie, saíu despois das once ao escenario a peito descuberto mentres todos abrochabamos as chaquetas. Con 72 anos, delgado como sempre foi, coa pel caendo polos lados, a cadeira descolocada e melena loira californiana o vello rockeiro deixou claro que pretende seguir sendo un can rabioso mentres siga en pé. Acompañada dunha solvente banda de sete músicos, sección de ventos incluída, foron saíndo cheas de forza as súas cancións. I wanna be your dog, The passenger , Lust for life, , todas elas conseguiu facerllas bailar a xente de todas as idades e condicións engaioladas pola súa actitude combativa, mentres el bebía a auga en copa para despois tirala polo chan e baixar en repetidas ocasións ao foso. A noite seguía para arriba con el. Non houbo que agardar moito tras o concerto de Iggy Pop para que David Guetta comezase a súa sesión. Apoiado en toda a potencia sonora e visual que a montaxe podía proporcionar o DJ reivindicaba o seu espazo no cumio da música electrónica de baile con contundencia.
O Son do Camiño 2019 conseguía con estes tres días e o seu diverso cartel, facerse coa atención de numerosos medios especializados de todo tipo no resto do estado e noutras partes do mundo. O adianto das datas, sen apenas competencia directa con outros grandes eventos, probablemente axudou tamén a atraer esa atención, reforzada polas crecentes cifras de asistencia que colocan a Galicia no panorama dos grandes festivais europeos mainstream como unha opción a ter en conta, cando menos ata o ano xacobeo 2021, que se supón que remata co esforzo económico que as arcas públicas están facendo por armar aquí este colosal evento promocional.

"Empurróns, carreiras, nervios, berros, busca de sitio... Absolutamente ninguén se quixo perder o espectáculo da catalá marcando un dos fitos desta edición de OSDC co primeiro aforo completo do auditorio"

"Familia Caamagno deron o concerto de rock en galego que este festival merece ter e debería potenciar e promover máis"
A xornada comezaba de novo con cambios de horarios e escenarios que ademais se repetirían ao longo da tarde, creando certa confusión de horarios. A boa tarde que se ofrecía foi ben aproveitada polos músicos galegos para ir deixar mostra da súa diversidade e bo facer. Ortiga facía bailar aos máis adiantados, case todos que baixaban da repleta zona de acampada. Tras diso a proposta de electrónica con raíz de Baiuca enganchaba a propios e estraños. ¿Que pasa milenials?" exclamaban Familia Caamagno ao comezar a súa actuación que suporía, con permiso das bases de Baiuca a única actuación na que o galego sería o idioma único de interpretación en todo OSDC2019. Explosivos co seu repertorio más potente e divertido os Familia Caamagno deron o concerto de rock en galego que este festival merece ter e debería potenciar e promover máis. Con eles o día prendeu unha chispa que levaba sempre cara arriba.
Os suecos The Hives, formaron parte do ciclo de concertos que O Son do Camiño deu durante o outono como complemento do festival en varias cidades. Eles actuaron na sala coruñesa Pelícano e grazas a unha indiscreción do seu locuaz cantante Pelle Almqvist puidemos saber que ran a primeira banda confirmada para esta edición do festival. A conexión sueco coas banda de rock funciona á perfección en OSDC, o pasado ano foran os Mando Diao e neste os mencionados Royal republic, Graveyard e The Hives puxeron un toque do mellor rock de garaxe e hard rock, con grandes temas de guitarra e riffs que fan explotar á multitude. Desafiante e divertido Pelle Almqvist e os seus saíron a comerse a tarde co seu introdutorio Come on!. En traxe branco e con paxariña os suecos foron soltando as súas bombas musicais mentres Almqvist reclamaba o seu aplauso ben merecido pola súa simpatía e actitude, en constante interacción física e verbal co público, amigos galicianos, dicía. Así foron caendo grandes temas Hate To say I told you so ou Tick Tick Boom que puxeron a todo o auditorio a bailar baixo o sol. Nese ambiente, pero ademais co engado de ser grandes coñecedores e coñecidos do público chegaron máis tarde a auditorio repleto os Vetusta Morla. A banda segue a rachar con prexuízos sobre a capacidade do indie español e convence a nivel global coa súa xira Mismo sitio, distinto lugar. Encabezados pola enerxía desbordante de Pucho os madrileños fixeron un concerto magnífico que non só mantiña senón que subía o nivel da xornada.
"Coma o bo viño, Iggy Pop aumenta de valor co tempo non só por manter o seu sabor senón porque cada vez quedan menos botellas"