O Consello da Xunta deu luz verde á sinatura dun convenio entre a ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Museo do Videoxogo para a identificación, difusión e preservación do patrimonio vencellado a este eido en Galicia. O Museo do Videoxogo (Muvi), de Cangas incorporouse en outubro do pasado ano ao Sistema galego de centros museÃsticos, a súa colección conta con 2.256 xogos e máis de 400 elementos de hardware e dispositivos.
A través deste acordo, o Goberno galego fai unha achega de 10.200 euros destinada a poñer en marcha un programa que sexa garante da correcta identificación e conservación dos videoxogos producidos na Comunidade. Ademais, como sinala a Xunta, o obxectivo é cumprir coa lexislación de depósito legal, para o que a Biblioteca de Galicia é o centro depositario de referencia no territorio. No senso de reivindicar este tipo de creación como unha forma de cultura e de arte, parte do patrimonio audiovisual de Galicia, desde a Xunta considérase que a maneira máis axeitada de salvagardar este legado é a través da Fundación Museo do Videoxogo, dado que o seu equipo é un dos maiores coñecedores da produción do sistema galego, incluÃndo empresas ou ilustradores, entre outros. Por este motivo, sostense que é fundamental a colaboración coa Biblioteca de Galicia para a descrición dos videoxogos susceptibles de estar baixo a lexislación do depósito legal.
As actuacións previstas ao abeiro deste convenio artellaranse en base a varias necesidades. En primeiro lugar, levarase a cabo unha actualización da situación actual da industria do videoxogo en Galicia, coa correspondente elaboración dunha base de datos na que se reflictan todos os axentes vencellados a este ecosistema. A isto engadiráselle a creación dun directorio de tÃtulos de pezas creadas por empresas con sede social na Comunidade. Na seguinte fase, farase chegar aos axentes produtores a información sobre a obrigatoriedade do depósito legal para este tipo de publicacións e aos centros conservadores a importancia da súa responsabilidade para identificalos e conservalos para as xeracións futuras. Neste senso, requirirase unha descrición bibliográfica o máis detallada posible dos videoxogos identificados para a súa incorporación ao Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Outra das liñas recollidas neste acordo consiste en Identificar as necesidades tecnolóxicas para garantir a preservación destes materiais en soporte non tanxible e a non obsolescencia dos editados en soporte fÃsico. Para terminar, inclúese un punto referido á difusión do valor dos videoxogos como parte do patrimonio audiovisual galego mediante unha mostra bibliográfica na Biblioteca de Galicia sobre a súa historia.