A Coruña construirá un centro de interpretación do castro de Elviña

Tamén se incluirá un novo peche perimetral

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O concello da Coruña levará hoxe a pleno a creación dun centro de interpretación do castro de Elviña por un orzamento de 330.000 euros, segundo avanza La Voz de Galicia. Trátase dun equipamento "de pequena escala e carácter desmontable" que ten por obxectivo dar soporte a benvida ao castro, servir como espazo para actividades didácticas e dar servizo ás campañas arqueolóxicas que se levan a cabo no castro e que carecen dunha infraestrutura deste tipo. O edificio xa está acordado coa Dirección Xeral de Patrimonio e outras entidades, e se complementará cun novo peche perimetral do castro por un importe de 350.000 euros para "reforzar a protección física do xacemento".

Que che parece esta nova?
99 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Boletín Croa nº 31

Quiosco: Boletín Croa nº 31

O boletín do castro de Viladonga avanza os resultados das novas intervencións no castro e no xacemento de Proendos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Elviña, Dirección Xeral de Patrimonio, Concello da Coruña, La Voz de Galicia