Ábrese ao público a recreación histórica do Castro de Vigo

1500 persoas visitaron a recreación esta fin de semana

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Presentación aos medios da recreación castrexa

Presentación aos medios da recreación castrexa

Tres vivendas reconstruídas permitirán aos visitantes do Castro de Vigo facerse unha idea do tipo de hábitat dos homes e mulleres da Idade do Ferro e romanización. Trátase dunha musealización que levou 8 meses de traballo e un millón de euros de investimento, e consiste na recreación das vivendas, o seu peche perimetral, a instalación de sinaléctica e de cámaras de seguridade. O novo recinto museográfico será xestionado polo Museo Quiñones de León e como parte da vertebración do Plan Museístico da cidade.

Horarios

En inverno estará aberto de 10 a 14 e de 16 a 18 horas e en verán de 10 a 13 e de 17 a 20 horas. A visita poderá ser libre ou guiada polo persoal que atende o xacemento. A visita guiada para grupos pódese concertar chamando ao teléfono 986 295 070, de luns a venres de 9 a 14 horas.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Mulleres, Idade do Ferro, Museo Quiñones de León

Claves

Lugares