Castrelos converterase no Museo da Cidade que terá contentores anexos por todo Vigo

Fan parte do Plan Museístico do concello olívico

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Pazo-Museo Quiñones de León vaise converter no Museo da Cidade. E nesa transformación, os seus cometidos serán o de conservar, investigar, documentar, revalorizar e difundir a historia da cidade. Un proxecto museográfico que contará con centros asociados (Toralla, O Castro, Casco Vello e Bouzas) así como os roteiros etnográficos pola cidade e a posta en valor do patrimonio industrial. Estas iniciativas serán executadas no próximo bienio pola concellaría de Patrimonio Histórico no marco do Plan Museístico da Cidade.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castrelos, Museo Quiñones de León, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)