Castrelos será Centro de Documentación da Cidade no futuro plan museístico

A pinacoteca trasladarase aos edificios da rúa Abeleira Menéndez

26/1/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Aínda non foi presentado poro concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, vai ofrecendo aos poucos información sobre como será o futuro Plan Museístico da Cidade. No que atinxe ao Museo de Castrelos, o centro pasará a albergar documentos (planos, fotografías, proxectos...) da cidade. Todo o materal plástico (unha colección de arte que conta con máis de 1.500 obras entre pintura, escultura, debuxo e estampas de entre os séculos XVII e XIX) será trasladado ao casal situado na rúa Abeleira Menéndez que se converterá na pinacoteca municipal. En todo caso, isto é un adianto do plan museístico que se dará a coñecer nas vindeiras semanas.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castrelos, Debuxo, Museo de Castrelos

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares